ciencias

3/07/2020

DÍA DA MULLER 2020

Esta semana todos os nenos e nenas do CEP Pedro Caselles estivemos facendo un mural coas mulleres da nosa vida. Cada quen escribiu, despois de moito pensar as mulleres máis importantes da sua vida, nais e avoas gañaron por clara maioría, pero tamén tivemos activitas, cantantes, amigas, en fin, non vos perdades as fotos do evento, premendo AQUÍ.



2/21/2020

ENTROIDO 2020

Hoxe día de xogos e diversión no CEP Pedro Caselles. Celebramos un entroido que xiraba arredor do proxecto E-comedor. Camareiros, cociñeiros, plantas, ratiños, queixos, deportistas e oficios de sempre encheron as rúas de Tomiño neste día primaveral.

E logo seguimos coa diversión, primeiro degustación dos doces do Certame Gastronómico aportados polas familias e logo xogo e máis xogo, non en van, temos o mellor patio de xogos do mundo!

Para ver tódalas fotos preme AQUÍ.


2/03/2020

ACTO POLA PAZ 2020

O 30 de xaneiro conmemoramos o día da Paz, e cada ano no CEP Pedro Caselles facemos un acto pola paz. Este ano o mal tempo obrigounos a aprazar a actividade ao luns 3 de febreiro.
Nenas e nenos saíron ao patio armados con desexos de paz para conmemorar este día. O alumnado situouse facendo un gran semicírculo arredor dun burato feito no patio para plantar unha árbore.
Primeiro cada nena e neno depositou un desexo de paz nunhas caixiñas metálicas, que foron enterradas a carón da árbore que se plantou.
Logo membros do grupo ecolóxico procederon a plantar un carballo, unha emblemática árbore da que non temos ningún exemplar no noso recinto. Esta árbore foi plantada en homenaxe a Puri, unha profe do noso cole que nos deixou para sempre o ano pasado.
E como remate Nadim, Unay e Alfredo tocaron o himno da alegría coas súas frautas.
Dende o CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán queremos agradecer a Comunidade de Montes da Parroquia de Tomiño a súa colaboración neste acto, pois puxeron a nosa disposición persoal para preparar o terreo e fixeron a donación do carballo.
Para ver máis imaxes, preme na foto.
https://photos.app.goo.gl/ihLRrh8RTPqnMyABA

12/04/2019

MAGOSTO 2019...POR FIN!!

Por fin demos celebrado o Magosto no Caselles. Un magosto un tanto deslucido, pois despois de tanto aprazamento decidimos facer só o asado de castañas, deixando para outro curso os cross de outono e os xogos tradicionais. O tempo deste outono non permitiu outra cousa.
Se queredes ver as fotos deste magosto, premede en fotos, e accederedes a reportaxe do evento, feita polo alumnado de 5º e 6º curso.





 

10/30/2019

SAMAÍN 2019

Hoxe no CEP Pedro Caselles foi un día terrorífico, bruxas, vampiros, mortos viventes... encheron as nosas aulas.
Nenas e nenos, coa axuda das súa familias, ademais de vir terroríficamente disfrazados, trouxeron cabazas para a xa habitual exposición que facemos tódolos anos.
As profes de inglés tamén fixeron actividades para a ocasión, solo que elas lle chaman Halloween...
Os máis pequenos do centro foron os máis implicados, pois ao longo da semana estiveron preparando o mural e facendo debuxos de medo. Tamén estiveron na biblioteca escoitando historias de medo, pero sen vampiros, momias, homes lobo... eran historias de medo de Tomiño: A Santa Compaña, o Tardo e a Mariamanta...
Para ver tódalas fotos, preme AQUÍ.


6/26/2019

REVISTA LEILÍA 2019

https://issuu.com/ceppedrocaselles/docs/revista_leilia_19

Facede clic na imaxe para visualizar a revista!

FESTIVAL FIN DE CURSO

Xa chegamos ao remate deste curso 2018/2019. Xornada de alegría pola proximidade das vacacións e do descanso, pero tamén xornada triste porque nos deixa un grupo de nenas e nenos que leva connosco uns anos e aos que lles desexamos a mellor das sortes na súa nova etapa.
Coma sempre tivemos o nosos festival para dar a benvida ao verán e para despedir como se merecen aos nosos compañeiros e compañeiras. Música e baile de tódolos países do noso Uncastour, baile moderno, chistes, teatro e regueifas. Variedade e diversión.
En setembro novos comezos e novas ilusións.
Para ver tódalas fotos do día preme AQUÍ