ciencias

5/19/2017

SEMANA CULTURAL - PEGADAS RUPESTRES

Este xoves día 18 gozamos dunha serie de obradoiros relacionados coa temática PEGADAS RUPESTRES; con ela trasladámonos á época da Prehistoria. Houbo obradoiros moi variados e interesantes cos que os nenos e nenas desfrutaron moitísimo.
En cada obradoiro, os nenos e nenas de 1º a 6º de Primaria estabamos repartidos en catorce obradoiros; onde os nenos e nenas de 6º de Primaria encargábanse de guiar aos seus compañeiros para rotar en cinco obradoiros ao longo da mañá, cun tempo aproximado de vinte minutos. Os obradoiros foron os seguintes:
  • De orfebrería: realizaron colares, coroas empregando obxectos coma cunhas, osiños, pampullos, ....
  • De tiro con arco.
  • De lanzas.
  • De gravado de petróglifos. Tratábanse de petróglifos que tratamos en tódolos cursos; da zona de Oia, Campo Lameiro, Outeiro dos Lameiros e do noso Monte Tetón.
  • De perscusión. Con bailes, ritmos e instrumentos da época.
  • Dous obradoiros de pintura de cara: onde se pintaban as caras copiando modelos de tribus antigas.
  • Dous obradoiros de modelado de barro.
  • Dous obradoiros de arte rupestre. Pintando en murais coma na época.
Todo o material xerado nestes obradoiros exporanse na nosa Aula de Natureza, de cara ó fin de curso.
Antes de realizar os obradoiros, todos os nenos e nenas fixeron un medallón con pasta blanca onde gravaron o seu petróglifo favorito.

Aquí tedes o video e fotos desta xornada(clic na imaxe):



FOTOS


Ningún comentario:

Publicar un comentario