ciencias

5/16/2019

MINIFESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2019

Broche final para o remate desta semana cultural, Ce Orquestra Pantasma, obradoiro de regueifas, visitas guiadas arredor do mundo(sen saír do Caselles), e como remate o mini festival que cada ano organizan os máis pequenos do colexio.
"Cambiemos o conto" foi o título da obriña de teatro que representaron nenas e nenos de 2º, tivemos a uns presentadores intentando homenaxear a Antonio Fraguas que eran constantemente interrompidos por personaxes de contos que estaban dispostas a cambiar os contos clásicos, Carapuchiñas sen medo a lobos, príncipes abandonados, nenas que non queren ser princesas, pero si enxeñeiras...moito mensaxe no teatro deste ano...

Pecharon este minifestival o alumnado de 1º cantando e bailando unha versión do Pirimpinpin...
Para ver máis fotos, preme AQUÍ









Ningún comentario:

Publicar un comentario