ciencias

6/20/2019

CORRESPONDENCIA CO CEIP DE TEBRA

Como vén sendo habitual, nestes últimos anos, os nenos e nenas do noso cole intercámbianse cartas con outro centro educativo.

Este ano tocoulles ao alumnado dos dous cursos de 4º de primaria.

Os nenos/as aprenderon a diferenciar entre cartas formais e informais, que tipos de saúdos e de despedidas empregar segundo o tipo de carta e a súa estrutura. Así como tamén, as partes do sobre e onde se escriben os datos do destinatario e do remitente, co selo.

Co cal, ante a existencia de medios tecnolóxicos e a proliferación do correo electrónico e as aplicación coma O Skype; os nosos alumnos e alumnas comunicáronse por carta, ao xeito tradicional.

Aquí están como podedes comprobar nas imaxes, felices coas cartas e  lendo a correspondencia dos nenos de 3º, 4º , 5º e 6º de Primaria do CEIP de Tebra.




















Ningún comentario:

Publicar un comentario