ciencias

Amosando publicacións coa etiqueta correspondencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta correspondencia. Amosar todas as publicacións

6/03/2018

CORRESPONDENCIA DOS ALUMNOS DE 5ºB COS DE 5º E 6º DO CEIP DE TEBRA

Unha das actividades incluídas no proxecto de fomento do uso do galego trátase da correspondencia de cartas con outro centro educativo da nosa zona. Por segundo ano realizámolo co CEIP de Tebra.

Para isto, os nenos e nenas de 5ºB do Caselles carteáronse cos nenos e nenas de 5º e 6º do CEIP de Tebra.
Unha vez realizado o intercambio de cartas, conectáronse entre eles polo Skype e, un por un, foron coñecendo á persoa coa que se cartearon. 
Gustou moitísimo este experiencia pero custou, tamén, falar correctamente na nosa lingua. 

Sen dúbida repetiriamos esta experiencia, aínda que uns máis que outros pasaron moita vergoña.



6/11/2017

CORRESPONDENCIA CO CEIP DE TEBRA (IV)

O pasado xoves día 8 os nenos e nenas de 2ºB recibimos á profe Ángela.
Grazas a ela, coñecimos, cara a cara, aos nosos amigos e amigas de 3º e 4º de primaria do CEIP de Tebra. Conectámonos con eles polo Skype e, un por un, fomos coñecendo á persoa coa que nos carteamos cada un de nós. 
Gustounos moitísimo este experiencia pero custounos tamén, falar correctamente na nosa lingua. Contámonos entre outras cousas que iamos facer os últimos días de curso, se iamos facer algunha excursión, que iamos facer no verán ou preguntas esquecidas nas nosas cartas (se tiñamos mascotas, que faciamos no noso lecer, que nos gustaba facer,....).
Sen dúbida repetiriamos esta experiencia, aínda que uns máis que outros pasamos moita vergoña.

Aquí tedes fotos do noso encontro polo Skype!














5/28/2017

CORRESPONDENCIA CO CEIP DE TEBRA (III)

Os alumnos de 2ºB recibiu a visita da profe Ángela. Tíñalles preparada unha sorpresa. Os alumnos e alumnas de 3º e 4º de Primaria deixáronlles un correo explícandolles que recibiron con moita ilusión as súas cartas e o agasallo que lle fixeran os nosos nenos e nenas de 2ºB (pombas de primavera que ao xuntalas, formaban un fermoso fantástico poema de Manuel María, O MAR).
 Con estes agasallos montaron o seguinte mural:



Asimesmo, explicáronlles que estaban a facer no cole do CEIP de Tebra, entre elas, a excursión a Pontevedra que teñen programada. Non pensan noutra cousa!

Con todo isto os nenos e nenas de 2ºB non quixeron agardar máis e, entre todos, baixo a guía dos profes Antonio e Ángela contestaronlle ao correo electrónico, obviamente na nosa lingua, como podedes ver nas seguintes imaxes:



Basicamente, o que lle dixeron os nenos de 2ºB foron as actividades que fixeron na Semana Cultural: fixeron obradoiros (de pintura, de danza, de facer lume, de facer coroas con flores..),  representaron para todo o colexio unha dramatización da obra A GALIÑA AZUL de Carlos Casares, xunto cos compañeiros de 1º, recibiron a visita de Anxo Moure co que co pasaron un rato divertido e que están a organizar a benvida para os futuros alumnos de 1º primaria do CRA Mestre Manuel Garcés. Prepararon, como obsequio, un medallón cun petróglifo real e/ou imaxinario, que eles mesmos crearon; e unha manualidade de primavera.

Por último, dixeron que están á espera da ansiada videoconferencia, na que se poderán ver as caras. 

Así, os nenos do cole de Tebra e do Caselles, en breve, por fin coñeceranse!!!!

4/02/2017

CORRESPONDENCIA CO CEIP DE TEBRA (II)

Despois de ler todas as cartas dos nenos e nenas de Tebra, puxémonos en marcha; e cada un de nós, os nenos e nenas de 2ºB, contestamos ás cartas.


(Aparecen riscados, os nomes, pola protección de datos)


Para iso, tivemos que ter en conta que partes ten unha carta: data, saúdo, corpo, despediada e sinatura.

Para o corpo falamos de como somos cada un de nós, como é o noso cole, que se fai nel, .... e contestamos ás preguntas.

Logo, unha vez escritas as cartas, decoramos os sobres con tinta, esponxas (para facer o borde) e estampado (para facer o decorado).




Por último, aproveitando o noso traballo de aula, inventamos unhas historias relacionadas con animais para que, proximamente, os nosos compañeiros e compañeiras de Tebra poidan lelas.




Pero, isto todavía non rematou. Todavía quedan tarefas pendentes.
Estade atentos ás novas relacionadas con esta actividade.

3/15/2017

CORRESPONDENCIA CO CEIP DE TEBRA

Unha das actividades incluídas no proxecto de fomento do uso do galego trátase da correspondencia de cartas con outro centro educativo da nosa zona.

Para comezar con esta actividade, os nenos e nenas de segundo recibiron a visita da profe Ángela que veu cunha sorpresa:

Os nenos e nenas de terceiro e cuarto do Ceip de Tebra escribiron individualmente unha carta para cada un deles.
Os nenos e nenas do noso cole quedaron encantados con esta sorpresa e, en cada carta, había un marcapáxinas de agasallo.


Cada un deles leron a carta, en voz alta, para saber como son, que fan no cole, os seus gustos ..... Agora están encantados de poder responderlles nestes días.




E realizaremos máis cousas....

Só tedes que estar atentos ás novas relacionadas con esta actividade!