A páxina web do portal da lingua vén de anunciar unha nova aplicación onde a CRTVG ofrece xa a súa programación infantil, Xabarín TVG, dispoñible para móbiles e tabletas, con todas as series de animación en galego que se emiten pola TVG2 dentro do espazo Xabarín Club.
O seu valor principal é que é a única para cativas e cativos con contidos audiovisuais exclusivamente en galego.
Facede clic na imaxe por se vos interesa.
O blog do equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán de Tomiño
ciencias
Amosando publicacións coa etiqueta NOVAS b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta NOVAS b>. Amosar todas as publicacións
1/19/2017
10/24/2016
O PAPAGAIO
Vén de nacer un novo xornal en papel, dirixido especialmente a nenos e nenas de Primaria e Secundaria. Chámase O Papagaio, ten periodicidade mensual (dez números ao ano, descansando no verán), 12 páxinas a toda cor e publícase integramente en galego.
Curiosamente no número 1 aparece unha sección de contos e lendas (parte da nosa temática do proxecto de centro) na que o Ceip Santa María do Castro de Boiro relata da súa contorna: As torres de Goián e sobre unha moura ( A moura dos castros de Neixón).
Aquí podedes ler o número un, de balde.
https://www.flipsnack.com/opapagaio/o-papagaio.html
Está impulsado por Edicións moito conto, inclúe temas de actualidade e empresta unha atención especial á ciencia, tecnoloxía, ecoloxía, historia, arte, cultura, integración e banda deseñada.
Na páxina de Edicións moito conto (http://www.edicionsmoitoconto.com/) indícanse os seguintes prezos
VENDA POR SUBSCRICIÓN ANUAL:
64€/ano: 2 exemplares do mesmo número/mes
- 135€/ano: 10 exemplares do mesmo número/mes
- 210€/ano: 20 exemplares do mesmo número/mes
Contacto para máis información:
656838830
edicionsmoitoconto@gmail.com
10/17/2016
Este curso 2016-2017, dedicaremos o noso traballo a centrarnos no mundo da mitoloxía galega e arte rupestre, coa compañía da nosa mascota do colexio: UNCAS. Con esta entrada, iniciaremos unha nova aventura na que publicaremos todas as actividades que se levarán a cabo, neste curso, relacionadas non só con este proxecto de centro.
Tamén terán cabida as conmemoracións, a marcha da Radio Escolar e outras actividades e/ou recursos.
Benvidos, de novo, ao mundo apaixoante do CASELLES NORMALIZA!!!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)


