O pasado 13 de febreiro celebrouse o día mundial da RADIO. Por tal motivo,con dúas nenas de quinto de primaria como locutoras, emitiuse outro programa de RADIO ESCOLAR UNCAS.
Escoitade o programa! Así, descubriredes cal é o lema co que se celebra este ano este día sinalado.
O blog do equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán de Tomiño
ciencias
Amosando publicacións coa etiqueta radio escolar b>. Amosar todas as publicacións

2/14/2017
1/30/2017
DÍA DA PAZ
Tódolos cursos de 1 a 6º de Primaria decoramos a nosa árbore, que está no noso corredoiro principal, com pombas da Paz (que substituímos polos lazos de NADAL) e que previamente decoraron os nosos alumnos e alumnas nas súas clases. Asimesmo, escribiron unha mensaxe relacionada con este día.
Tamén se emitiu o programa de Radio Escolar Uncas relacionada con esta conmemoración. Por motivos técnicos non se puido subri á plataforma IVOOX que está asociada co conta do noso colexio. O que si poderedes desfrutar é co guión deste programa que tivo a unha alumna de quinto e un alumno de sexto como locutores do programa.
Por último, fixemos un pequeno acto para celebrar o día da Paz. Xuntámonos todos no ximnasio, por mor da choiva, para realizar unha interpretación musical coa letra, adaptado, dun poema de Gloria Fuertes. Fixéronno fantásticamente ben!
Aquí tamén tedes fotos deste pequeno acto. Tedes que facer clic no seguinte enlace:

1/19/2017
CONCURSOS DA RADIO ESCOLAR
Estes son os gañadores do concurso da Radio Escolar, dos programas emitidos no 1º trimestre. Cada un deles recibiron un agasallo. Parabens!
12/22/2016
NADAL 2016
Para ambientarnos co Nadal, fixemos unha serie de traballos de plástica e realizamos diferentes actuacións para o festival. Dende unha obriña de teatro, pasando por cantar panxoliñas e interpretar pezas instrumentais ata ter explicacións relacionados co tema do noso proxecto de centro.
Co cal, aproveitamos ditas presentacións do Festival para que nenas e nenos aprenderan un pouquiño máis da prehistoria e dos nosos antepasados, para ir entrando xa no tema do proxecto deste ano, que xirará entorno a arte rupestre e a prehistoria.
Guión da presentación do festival de NADAL, relacionado coa arte rupestre e a prehistoria.
Asimesmo todo o colexio decoramos o noso corredoiro principal cunha gran árbore con bólas que tiñan motivos de pretroglifos.
O Pasado luns día 19 de decembro emitiuse en directo, o segundo programa de Radio Escolar, que este ano xira ao redor desta celebración. Logo, repetimos o programa, xa gravado, e en colaboración dunhas nenas de 5º Primaria que realizaron a labor de locutoras e centrouse na celebración da Nadal, tanto en España coma na Gran Bretaña. Asimesmo, mencionouse a figura do apalpador. Realizáronno fantásticamente ben.
Se queredes ver videos do festival, a continuación podedes facer clic.
Se queredes ver as fotos da xornada premede na imaxe.
Etiquetas:
festival nadal,
nadal;,
radio escolar
11/14/2016
O MAGOSTO NO CASELLES
Despois de aprazalo a causa da chuvia, o pasado martes día 14 de novembro, celebramos por fin a nosa festa do outono. O día axudou cun clima inmellorable.
Comezamos a xornada co xa tradicional Cros Solidario do Outono (Carreira polo Caselles), este ano a recadación será para mellorar a nosa recén estreada aula de informática.
Despois tivo lugar os xogos populares: peóns, canicas, petanca, chave,... e as fogueiras para asar as castañas, cos nenos e nenas de 6º como monitores, aos que felicitamos pola gran labor realizada. Entre estes xogos, houbo xogos adicados ao tema do noso proxecto de centro: loita de trogloditos, a caza (xiran en torno á epoca da prehistoria, coa arte rupestre)
Por último, tivo lugar a degustación de castañas. Que boas estaban!!
Tamén o pasado xoves día 10 de novembro emitiuse en directo, o primeiro programa de Radio Escolar, que este ano xira ao redor desta celebración. Realizouse, posteriormente (noutro día), unha gravación do programa que, por motivos técnicos, resultou un pouco distorsionada e que subiremos con este resultado e cun guión do que se realizou no seu momento, e en colaboración duns nenos de 5º Primaria que realizaron a labor de locutoras e de técnico de son. Realizáronno fantásticamente ben. Para vindeiros programas tentaremos mellorar a calidade do son ao gravalos.
Neste programa houbo unha sección de concurso.
Este concurso de refráns, foi organizado polo equipo de Normalización e dinamización da Lingua Galega e o equipo de Biblioteca.
As que sexan respostas válidas á adiviña e refráns axeitados á temática, serán seleccionados os gañadores; un por categoría: adiviña e refráns. O gañador ou gañadora para cada unha das categorías recibirá un agasallo.
Aquí tedes guión e escoita do programa

Tamén houbo un concurso de adiviña. A adiviña foi a seguinte:
As que sexan respostas válidas á adiviña e refráns axeitados á temática, serán seleccionados os gañadores; un por categoría: adiviña e refráns. O gañador ou gañadora para cada unha das categorías recibirá un agasallo.
Aquí tedes guión e escoita do programa
Etiquetas:
festa de outono,
magosto,
radio escolar
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)