Xa chegamos ao remate deste curso 2018/2019. Xornada de alegría pola proximidade das vacacións e do descanso, pero tamén xornada triste porque nos deixa un grupo de nenas e nenos que leva connosco uns anos e aos que lles desexamos a mellor das sortes na súa nova etapa.
Coma sempre tivemos o nosos festival para dar a benvida ao verán e para despedir como se merecen aos nosos compañeiros e compañeiras. Música e baile de tódolos países do noso Uncastour, baile moderno, chistes, teatro e regueifas. Variedade e diversión.
En setembro novos comezos e novas ilusións.
Para ver tódalas fotos do día preme AQUÍ
O blog do equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán de Tomiño
ciencias
Amosando publicacións coa etiqueta Países e culturas b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Países e culturas b>. Amosar todas as publicacións
6/26/2019
5/16/2019
UNCASTOUR: Unha viaxe arredor do mundo
"Uncastour" é o nome que lle demos o megaproxecto deste ano, un proxecto que foi traballado conxuntamente polos equipos de Actividades Complementarias, Biblioteca, Titorías e Normalización.
Todo o que se leva traballado desde o primeiro trimestre saíu hoxe a luz.
Nas diferentes zonas cada grupo montou o stand do seu país. Cada curso elixiu aos encargados e encargadas de contarnos cousas relevantes de cada un dos países, e a través de rotacións cada curso foi visitando todas e cada unha das exposicións.
Destacar a profesionalidade dos representantes e o bo comportamento e atención dos espectadores.
Para ver máis fotos preme AQUÍ.

Etiquetas:
Países e culturas,
Semana Cultural 19
3/02/2019
ENTROIDO 2019
Como tódolos anos o CEP Pedro Caselles celebrou o seu Entroido, e coma sempre xirando arredor do tema do proxecto deste ano, países do mundo. Foi un entroido internacional, personaxes de manga xaponés, traxes típicos de Marrocos, brasileiros bailando samba, de Italia máscaras venecianas e traxes típicos de Indonesia, Nova Zelandia e Portugal.
Este ano acompañáronnos as nenas e nenos do CRA Manuel Garcés, disfrazados de fauna mariña.
Fixemos o noso gran desfile ata a praza do Seixo, acompañados no traxecto por numeroso público. Hai que dicir que os máis pequeniños aguantaron o percorrido coma campións.
Para pechar un día tan especial, á chegada ao centro nenos e nenas degustaron os doces cos que colaboraron as familias para o Certame Gastronómico de Entroido.
Para ver as fotos premede AQUÍ.

Entroido 2019,
Países e culturas
12/22/2018
FESTIVAL DE NADAL 2018
Como ven sendo habitual dende fai xa anos, o ultimo día de clase antes das vacacións de Nadal o CEP Pedro Caselles celebra o súa festa de Nadal.
Comezamos o día coa visita de Papá Noel, foi a ANPA Mosteiro a que negociou e conseguiu unha visita tan importante para o noso colexio... ah, e trouxo un agasalliño para cada neno e nena.
Despois convertémonos en artistas por uns minutos e deleitamos aos nosos compañeiros e familias coas nosas actuacións no festival de Nadal. Durante este , ademais das actuacións, estivemos aprendendo cousas de diferentes lugares do mundo: Brasil, Nova Zelanda, Portugal, Xapón, Marrocos, Italia e Indonesia.
E xa rematamos o día cunha chocolatada por xentileza da cociña do colexio.
Podedes ver máis fotos premendo AQUÍ.

festival nadal,
Países e culturas
11/16/2018
MAGOSTO E CARREIRA DE OUTONO
Por fin o mal tempo deunos unha tregua para celebrar a nosa tradicional festa do magosto.
Comezamos as dez coas carreiras por cursos, cada curso con un circuíto diferente, que vai aumentando de dificultade a medida que subimos de curso.
E despois dun pequeno recreo, empezamos coas fogueiras para asar as castañas e cos xogos do mundo. Os nenos e nenas organizáronse por equipos para desfrutar de xogos típicos de diferentes países: De Brasil Bambú, un xogo musical de roda e bater na moeda; de Indonesia congkak e gunda si; de Gran Bretaña, conker e tiro ao pato; de Portugal malla portuguesa e os cinco cantinhos; de Italia, regina regina bella e bilboquet; de Nova Zelandia, hipitoi e poi rakau; de Xapón, hanetsuky e taketombo; e de Marrocos, sassabos e melakeef.
Rematamos a xornada coa degustación das castañas asadas.
Para ver tódalas imaxes da xornada preme na AQUÍ.
Etiquetas:
MAGOSTO 2018,
Países e culturas
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)