O blog do equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán de Tomiño
ciencias
Amosando publicacións coa etiqueta entroido b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta entroido b>. Amosar todas as publicacións
3/03/2017
AGASALLO CERTAME GASTRONÓMICO
Este adhesivo, relacionado co noso tema do proxecto, é o que recibiron os nenos e nenas do colexio que participaron no certame gastrónomico, en colaboración coas súas familias. Agradecemos, unha vez máis a elaboración dos postres que degustamos os pasados días 23 e 24 de febreiro con motivo da celebración do Entroido.
2/25/2017
ENTROIDO PREHISTÓRICO
A festa do Entroido xa empezou o xoves coa degustación de postres do certame gastronómico Ademais, publicouse un novo programa da Radio Escolar.
Guión e programa do Entroido:
Guión e programa do Entroido:
Logo, o venres todas as clases prepararon os seus disfraces e arredor das once demos comezo o noso desfile. Este ano o tema central foi a prehistoria, para ir entrando xa no tema estrela deste curso: Arte rupestre e mitoloxía galega.
Ante numeroso público desfilaron ata a praza do Seixo os trogloditas de 1º, os cazadores e cazadoras de 2º, os castrexos de 3º, arqueólogos e arqueólogas de 4º, recolectores e recolectoras de 5º e os druídas de 6º.
Agradecer a todas as familias a súa colaboración nesta celebración.
Para ver tódalas fotos preme AQUÍ
![]() |
| Especialistas |
![]() |
| Druídas de 6º |
![]() |
| Imos recolectar de 5º |
| Arqueólogos de 4º |
| Os castros de 3º |
| Trogloditas de 1º |
| Cazadores de 2º |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



