Caselles Normaliza
O blog do equipo de Normalización Lingüística do CEP Pedro Caselles Beltrán de Tomiño
ciencias
6/27/2022
5/18/2022
FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2022
2/25/2022
ENTROIDO 2022
Despois do parón do coronavirus, o Entroido volveu ao Caselles, con moita forza e ilusión. Este ano, baixo o lema "Tomiño no camiño" enchemos o Seixo de homenaxe ao Camiño de Santiago: Os peregríns do século XII de 1º e 2º curso, os zombies-peregríns de 3º, as Marías de 4º, os peregrinos modernos de 5º e os mollóns do camiño de 6º.
Xa botábamos de menos un pouquiño de normalidade, e os nenos e nenas pasárono en grande. As beirarrúas estaban cheas de espectadores e expectación. Un gran día!
Agradecer as tres nais da ANPA Mosteiro o seu tempo, pois mentres nós desfilábamos elas preparaban un delicioso chocolate con churros que nenas e nenos tomaron ao chegar. Moitas Grazas!!
Para ver tódalas fotos, preme na imaxe.
1/31/2022
DÍA DA PAZ 2022
10/24/2021
FESTA DO OUTONO 2021
6/28/2021
5/15/2021
SEMANA CULTURAL
Dentro da Semana Cultural, dende o equipo de normalizacion e dinamización da Lingua Galega, organizouse unha actividade conxunta recollendo palabras da nosa lingua que atanxía diferente tipo de vocabulario, como as relacionadas coa casa, o tempo meterolóxico, as emocións, os xogos, a fauna ou a flora,...
Aquí tedes o resultado este video:
Como remate da Semana Cultural e coas condicións meteorolóxicas favorables rematamos dita semana coa celebración do Festival das Letras galegas.
Os protagonistas e o peso leváronno os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria pero houbo distintas participacións doutros cursos, dando como resultado a unha variedade de actuacións. Dende unha dramatización relacionada coa temática do cole (E-COMEDOR), presentación e recitado adicado á escritora homenaxeada polas Letras Galegas: Xela Arias e, por último, homenaxe a nosa cultura e a nosa contorno.
Ademais entregouselles un diploma aos voluntarios e voluntarias de 5º e 6º de Primaria como recompensa ao seu traballo e esfrozo adicado ao roteiro do día do Libro.
Aquí tedes os videos destas fermosas actuacións que, a pesar dalgúns problemas técnicos de son, os nenos e nenas realizaron espléndidamente.