ciencias

Amosando publicacións coa etiqueta festival nadal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta festival nadal. Amosar todas as publicacións

12/22/2018

FESTIVAL DE NADAL 2018

Como ven sendo habitual dende fai xa anos, o ultimo día de clase antes das vacacións de Nadal o CEP Pedro Caselles celebra o súa festa de Nadal.

Comezamos o día coa visita de Papá Noel, foi a ANPA Mosteiro a que negociou e conseguiu unha visita tan importante para o noso colexio... ah, e trouxo un agasalliño para cada neno e nena.

Despois convertémonos en artistas por uns minutos e deleitamos aos nosos compañeiros e familias coas nosas actuacións no festival de Nadal. Durante este , ademais das actuacións, estivemos aprendendo cousas de diferentes lugares do mundo: Brasil, Nova Zelanda, Portugal, Xapón, Marrocos, Italia e Indonesia.





E xa rematamos o día cunha chocolatada por xentileza da cociña do colexio.
Podedes ver máis fotos premendo AQUÍ.















12/22/2016

NADAL 2016

Para ambientarnos co Nadal, fixemos unha serie de traballos de plástica e realizamos diferentes actuacións para o festival. Dende unha obriña de teatro, pasando por cantar panxoliñas e interpretar pezas instrumentais ata ter explicacións relacionados co tema do noso proxecto de centro. 

 

Co cal, aproveitamos ditas presentacións do Festival para que nenas e nenos aprenderan un pouquiño máis da prehistoria e dos nosos antepasados, para ir entrando xa no tema do proxecto deste ano, que xirará entorno a arte rupestre e a prehistoria. 

Guión da presentación do festival de NADAL, relacionado coa arte rupestre e a prehistoria.






 



 

Asimesmo todo o colexio decoramos o noso corredoiro principal cunha gran árbore con bólas que tiñan motivos de pretroglifos.



 



 

O Pasado luns día 19 de decembro emitiuse en directo, o segundo programa de Radio Escolar, que este ano xira ao redor desta celebración. Logo, repetimos o programa, xa gravado, e en colaboración dunhas nenas de 5º Primaria que realizaron a labor de locutoras e centrouse na celebración da Nadal, tanto en España coma na Gran Bretaña. Asimesmo, mencionouse a figura do apalpador.  Realizáronno fantásticamente ben.


 



Tamén houbo un concurso de adiviña a personaxe.


 


Se queredes ver videos do festival, a continuación podedes facer clic.







Se queredes ver as fotos da xornada premede na imaxe.





https://goo.gl/photos/kL4CHAz5q8iZUsde8