Como ven sendo habitual dende fai xa anos, o ultimo día de clase antes das vacacións de Nadal o CEP Pedro Caselles celebra o súa festa de Nadal.
Comezamos o día coa visita de Papá Noel, foi a ANPA Mosteiro a que negociou e conseguiu unha visita tan importante para o noso colexio... ah, e trouxo un agasalliño para cada neno e nena.
Despois convertémonos en artistas por uns minutos e deleitamos aos nosos compañeiros e familias coas nosas actuacións no festival de Nadal. Durante este , ademais das actuacións, estivemos aprendendo cousas de diferentes lugares do mundo: Brasil, Nova Zelanda, Portugal, Xapón, Marrocos, Italia e Indonesia.
E xa rematamos o día cunha chocolatada por xentileza da cociña do colexio.
Podedes ver máis fotos premendo AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario