ciencias

Amosando publicacións coa etiqueta CON-CIENCIA. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta CON-CIENCIA. Amosar todas as publicacións

6/22/2018

FESTIVAL FIN DE CURSO

Como vén sendo habitual, celebramos o Festival de Fin de curso con predominio de dramatizacións, música e baile; na que despedimos a outra nova xeración que se marcha para o instituto o vindeiro curso. Algunhas destas actuacións están relacionado coa nosa temática CONCIENCIA e coas actividades propostas no noso proxecto de foemnto de uso do galego.

Facede clic aquí para ver fotos do festival.

A continuación, poderedes facer clic nas diferentes actuacións.

5/27/2018

ACTIVIDADES DA AULA DE NATUREZA E INVENTOS

Dentro da temática do noso proxecto de fomento de uso do galego CONCIENCIA, os nenos e nenas de cada un dos cursos centráronse no mundo dos inventos e traballos relacionados coa Ciencia.


Para iso, os de 1º e 2º de Primaria estudaron e centráronse no mundo dos satélites e da meteoroloxía. 






Os de 3º de primaria coñeceron un pouco máis do invento da roda e o lapis e realizaron experimentos relacionados coa auga e o aire. 











Os de 4º de primaria realizaron diversos traballos e experiementos como son: simulación do funcionamento dun volcán, confección con plastilina e diversos maeriais de dous ecosistemas, experimento relacionado coa meteoroloxía, simulación do funcionamento dos pulmóns e estudaron información sobre o cacao.





En 5º de primaria centráronse no estudo dos circuitos eléctricos e do invento do transportador de ángulos.







Por último, os nenos e nenas de 6º de primaria centráronse no estudo e realizaron maquetas da célula. Tamén, adentráronse no mundo do invento dos robots e confeccionaron exemplos deles, en tres dimensións. Ademais disto, traballaron o tema das estruturas e realizaron maquetas de distintos tipos de esturuturas. 




















Todos estes traballos foron expostos na Aula de Natureza e nos diferentes corredoiros do colexio, onde ademais, houbo unha xornada de portas abertas para a comunidade educativa. É dicir, o alumnado expuxo os traballos ante ás familias que acudiron a esta cita.





3/11/2018

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Con motivo do día da muller traballadora, día no que se defende a igualdade de dereitos entre o home e a muller, e aproveitando a nosa temática anual CONCIENCIA, celebrámolo coa exposición informativa sobre mulleres científicas, algunhas delas galegas. Entre elas, Anxeles Alvariño. Tamén, entre as máis coñecidas internacionalmente, está Marie Curie.

Ao longo desta semana e a vindeira semana os nenos e nenas coñecerán un pouquiño sobre ditas mulleres lendo información sobre elas no corredoiro principal. Logo, deben contestar ás preguntas que hai recollidas por cada científica ao lado do paneis.

Así, como fixeron os alumnos e alumnas de primeiro.







PANEIS SOBRE AS MULLERES CIENTÍFICAS