ciencias

5/27/2018

ACTIVIDADES DA AULA DE NATUREZA E INVENTOS

Dentro da temática do noso proxecto de fomento de uso do galego CONCIENCIA, os nenos e nenas de cada un dos cursos centráronse no mundo dos inventos e traballos relacionados coa Ciencia.


Para iso, os de 1º e 2º de Primaria estudaron e centráronse no mundo dos satélites e da meteoroloxía. 






Os de 3º de primaria coñeceron un pouco máis do invento da roda e o lapis e realizaron experimentos relacionados coa auga e o aire. 











Os de 4º de primaria realizaron diversos traballos e experiementos como son: simulación do funcionamento dun volcán, confección con plastilina e diversos maeriais de dous ecosistemas, experimento relacionado coa meteoroloxía, simulación do funcionamento dos pulmóns e estudaron información sobre o cacao.





En 5º de primaria centráronse no estudo dos circuitos eléctricos e do invento do transportador de ángulos.







Por último, os nenos e nenas de 6º de primaria centráronse no estudo e realizaron maquetas da célula. Tamén, adentráronse no mundo do invento dos robots e confeccionaron exemplos deles, en tres dimensións. Ademais disto, traballaron o tema das estruturas e realizaron maquetas de distintos tipos de esturuturas. 




















Todos estes traballos foron expostos na Aula de Natureza e nos diferentes corredoiros do colexio, onde ademais, houbo unha xornada de portas abertas para a comunidade educativa. É dicir, o alumnado expuxo os traballos ante ás familias que acudiron a esta cita.





Ningún comentario:

Publicar un comentario