ciencias

5/19/2018

ACTO CONMEMORATIVO DAS LETRAS GALEGAS 2018

Como remate da semana cultural, na que o pasado mércores 16 os pais, as nais e familias do alumnado puideron asitir a ver os seus fillos que lles ensinaba e expoñían os seus traballos que forman parte da aula de natureza, o venres 18 lembramos á homenaxeda no día das Letras Galegas deste ano:
Mª VICTORIA MORENO MÁRQUEZ



Os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria foron os encargados de homenaxeala coas dramatizacións que, máis abaixo, podedes ver facendo clic no video. E os nenos e nenas de 3º de primaria adicaron un programa de Radio Escolar Uncas á escritora. A continuación, dispoñedes en ISSU, do guión de dito programa, así como a escoita do programa en IVOOX.











Por último, podemos agradecer á ANPA do noso cole, que nos puidera traer de primeira man ao Mago Zanas, que nos trouxo maxia ao Caselles. Desfrutamos moito coa súa presenza! 



Se queredes ver fotos deste acto e da actuación do Mago Znas, facede clic na seguinte imaxe.
https://photos.app.goo.gl/Ca0o4FuZdumdL82H2


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario