ciencias

5/14/2018

MARÍA VICTORIA MORENO MÁRQUEZ. CONMEMORACIÓN DAS LETRAS GALEGAS

Este ano adicamos as Letras Galegas a unha escritora, María Victoria Moreno Márquez. Esta sería a cuarta muller á que conmemoramos dende que existe esta celebración. Con isto reflíctese a pouca presenza das mulleres que defenderon e que tiveron un compromiso social co noso idioma.
Foi profesora do ensino secundario e as súa obra estivo dirixida, maioritariamente, ao público xuvenil e infantil.



Dentro da súa obra ,destacan: Mar adentro , que conta a historia dunha mestra que pon escola nun barco. O cataventos, que conta a historia de Don Pío, un galo moi fachendoso que non permite vivir en liberdade nin ás galiñas nin ós paxariño, quedando na soidade máis absoluta. Outros títulos salientables son Leonardo e os fontaneiros, o favorito deste escritora. Anagnórise ou Eu conto, ti cantas..... 
Como vén sendo habitual os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria do noso colexio deleitaranos cun pequeno acto que farán alusión á escritora e a súa obra, cunha lixeira adaptación, onde farán pequenas dramatizacións e unha obriña de teatro.

 Para coñecer máis sobre a homenaxeada das Letras Galegas 2018 temos os seguintes enlaces de interese:



SEMINARIO GALÁN

http://seminariogalan.org/

 Nesta web temos actividades LIM para cada un dos cursos da primaria, tamén a súa biografía. Logo, hai actividades na versión clásica, en formato pdf. Tamén está a vosa disposición, un marcapáxinas para colorear e personalizar, un díptico e un libriño para montar unha exposición con actividades para dita exposición. Por último, está publicado unha adaptación teatral da obra A festa no faiado, outro título máis dos seus libros.

Se o preferides, facede clic nas imaxes seguintes, para entrar no que vos interese:



ACTIVIDADES LIM
ACTIVIDADES LIM

ACTIVIDADES PDF








Ningún comentario:

Publicar un comentario