ciencias

Amosando publicacións coa etiqueta pegadas rupestres. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta pegadas rupestres. Amosar todas as publicacións

6/26/2017

REVISTA ESCOLAR LEILÍA Nº24

Xa temos aquí a vixésimo vinte e catro edición da nosa revista escolar LEILÍA. Que a dessfruten!

6/21/2017

VISITAS Á AULA DE NATUREZA

Varios cursos visitamos a aula de natureza, onde están expostos e recollidos os traballos que fixemos nos obradoiros PEGADAS RUPESTRES.
Entre estes obradoiros están os de tiro con arco, orfebrería, gravado de petróglifos, pintura de arte rupestre, modelado de barro.
Traballos de pintura rupestre
Traballos modelado de barro

Ademais destes traballos, tamén están expostos outros traballos que fixeron en diferentes cursos da Primaria; entre os que destacan a presentación de traballos de petróglifos, gravado de petróglifos e unha maqueta dunha representación da vida castrexa. Que chula quedou!





Maqueta




Gravado de petróglifos


Puidemos lembrar todo o que se fixo, gozar de traballos doutros cursos e aprender un pouquiño sobre a Prehistoria. De feito, houbo un folleto, para cada un, onde se explicaba un pouco sobre a Prehistoria
Incluso, xogamos ao memotest.

 Xogo memotest


Preme AQUÍ para ver máis fotos

Tamén hai un espazo adicado ás lendas de Tomiño, elaborado polos nenos e nenas de 1º que son os encargados de narralas.









6/07/2017

TRABALLOS PETRÓGLIFOS 5ºA

Os nenos e nenas de 5ºA prepararon as seguintes mostras sobre a temática dos petróglifos, parte do traballo do noso proxecto de fomento de uso do galego, en formato impress; e que aquí amosamos en slideshare.





5/28/2017

O MUNDO DOS PETRÓGLIFOS

En colaboración co equipo de Biblioteca, os corredoiros do Caselles están ambientados nos mundo dos petróglifos. Cada curso ocupouse dun xacemento, e reflectiu unha parte destes petroglifos no seu mural correspondente. O resultado foi do máis vistoso e fermoso. 
Podedes ver todas as fotos no seguinte enlace:

https://goo.gl/photos/zxyr7GqbM8kMcttr6

  • Zona 1º e 2º Primaria (OIA) 





Aproveitando a acollida dos nosos futuros alumnos de 1º de Primaria, os nenos e nenas de 2º de Primaria fixeron uns medallóns para cada un deles. Así de chulos, quedaron:



  • Zona 3º e 4º Primaria (OUTEIRO DOS LAMEIROS) 


  • Zona 5º Primaria e Inglés (CAMPO LAMEIRO)  


  • Zona 6º e Relixión (MONTE TETÓN)


  • Zona Música, Inglés e PT (AUGA DA LAXE)

5/19/2017

SEMANA CULTURAL - PEGADAS RUPESTRES

Este xoves día 18 gozamos dunha serie de obradoiros relacionados coa temática PEGADAS RUPESTRES; con ela trasladámonos á época da Prehistoria. Houbo obradoiros moi variados e interesantes cos que os nenos e nenas desfrutaron moitísimo.
En cada obradoiro, os nenos e nenas de 1º a 6º de Primaria estabamos repartidos en catorce obradoiros; onde os nenos e nenas de 6º de Primaria encargábanse de guiar aos seus compañeiros para rotar en cinco obradoiros ao longo da mañá, cun tempo aproximado de vinte minutos. Os obradoiros foron os seguintes:
  • De orfebrería: realizaron colares, coroas empregando obxectos coma cunhas, osiños, pampullos, ....
  • De tiro con arco.
  • De lanzas.
  • De gravado de petróglifos. Tratábanse de petróglifos que tratamos en tódolos cursos; da zona de Oia, Campo Lameiro, Outeiro dos Lameiros e do noso Monte Tetón.
  • De perscusión. Con bailes, ritmos e instrumentos da época.
  • Dous obradoiros de pintura de cara: onde se pintaban as caras copiando modelos de tribus antigas.
  • Dous obradoiros de modelado de barro.
  • Dous obradoiros de arte rupestre. Pintando en murais coma na época.
Todo o material xerado nestes obradoiros exporanse na nosa Aula de Natureza, de cara ó fin de curso.
Antes de realizar os obradoiros, todos os nenos e nenas fixeron un medallón con pasta blanca onde gravaron o seu petróglifo favorito.

Aquí tedes o video e fotos desta xornada(clic na imaxe):



FOTOS


5/16/2017

VISITANDO OS PETROGLIFOS DO MONTE TETÓN

Despois de botar todo o curso falando da prehistoria e dos petroglifos, os nenos e nenas de 1º e 2º curso foron de visita ao monte Tetón.
Alí, ademais de un gran paseo, puideron observar os gravados prehistóricos en directo. Non tivemos moita sorte porque as condicións de luz para observar non eran as mellores, pero aínda así gozamos dos que conseguimos ver!
Para ver a fotos preme na imaxe.
https://goo.gl/photos/H5eqgGmeivtgYQid6