O blog do equipo de Dinamización da Lingua
Galega do CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán de Tomiño
ciencias
12/22/2016
NADAL 2016
Para ambientarnos co Nadal, fixemos unha serie de traballos de plástica e realizamos diferentes actuacións para o festival. Dende unha obriña de teatro, pasando por cantar panxoliñas e interpretar pezas instrumentais ata ter explicacións relacionados co tema do noso proxecto de centro.
Co cal, aproveitamos ditas presentacións do Festival para que nenas e nenos aprenderan un pouquiño máis da prehistoria e dos nosos antepasados, para ir entrando xa no tema do proxecto deste ano, que xirará entorno a arte rupestre e a prehistoria.
Guión da presentación do festival de NADAL, relacionado coa arte rupestre e a prehistoria.
Asimesmo todo o colexio decoramos o noso corredoiro principal cunha gran árbore con bólas que tiñan motivos de pretroglifos.
O Pasado luns día 19 de decembro emitiuse en directo, o segundo programa de Radio Escolar, que este ano xira ao redor desta celebración. Logo, repetimos o programa, xa gravado, e en colaboración dunhas nenas de 5º Primaria que realizaron a labor de locutoras e centrouse na celebración da Nadal, tanto en España coma na Gran Bretaña. Asimesmo, mencionouse a figura do apalpador. Realizáronno fantásticamente ben.
Tamén houbo un concurso de adiviña a personaxe.
Se queredes ver videos do festival, a continuación podedes facer clic.
Se queredes ver as fotos da xornada premede na imaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario