ciencias

11/14/2016

O MAGOSTO NO CASELLES

Despois de aprazalo a causa da chuvia, o pasado martes día 14 de novembro, celebramos por fin a nosa festa do outono. O día axudou cun clima inmellorable.

Comezamos a xornada co xa tradicional Cros Solidario do Outono (Carreira polo Caselles), este ano a recadación será para mellorar a nosa recén estreada aula de informática.



Despois tivo lugar os xogos populares: peóns, canicas, petanca, chave,... e as fogueiras para asar as castañas, cos nenos e nenas de 6º como monitores, aos que felicitamos pola gran labor realizada. Entre estes xogos, houbo xogos adicados ao tema do noso proxecto de centro: loita de trogloditos, a caza (xiran en torno á epoca da prehistoria, coa arte rupestre)



Por último, tivo lugar a degustación de castañas. Que boas estaban!!

Tamén o pasado xoves día 10 de novembro emitiuse en directo, o primeiro programa de Radio Escolar, que este ano xira ao redor desta celebración. Realizouse, posteriormente (noutro día), unha gravación do programa que, por motivos técnicos, resultou un pouco distorsionada e que subiremos con este resultado e cun guión do que se realizou no seu momento, e en colaboración duns nenos de 5º Primaria que realizaron a labor de locutoras e de técnico de son. Realizáronno fantásticamente ben. Para vindeiros programas tentaremos mellorar a calidade do son ao gravalos.

Neste programa houbo unha sección de concurso
 Este concurso de refráns, foi organizado polo equipo de Normalización e dinamización da Lingua Galega e o equipo de Biblioteca.

Tamén houbo un concurso de adiviña. A adiviña foi a seguinte:


 



  As que sexan respostas válidas á adiviña e refráns axeitados á temática, serán seleccionados os gañadores; un por categoría: adiviña e refráns. O gañador ou gañadora para cada unha das categorías recibirá un agasallo.

Aquí tedes guión e escoita do programa




Ningún comentario:

Publicar un comentario