ciencias

2/20/2026

ENTROIDO 2026

     As nenas e nenos do CEP Pedro Caselles fixeron o seu tradicional desfile de Entroido dende o colexio a praza do Seixo. Iso si, cunha semana de demora, pois a chuvia impediunos saír o venres pasado.

    Baixo o título "As chaves da imaxinación" nenas e nenos levaron o mundo dos libros polas rúas do pobo. Primeiro e segundo, cos seus sombreiros literarios, homenaxeando a literatura infantil. Terceiro e cuarto tiveron un recordo para os contos clásicos cunha enchenta de Carapuchiñas, lobos e avoas. Remataban o desfile quinto e sexto cunha morea de magos e bruxas recén chegados de Hogwarts.

    Como remate este ano recuperamos o "Certame gastronómico do Entroido"

    Agradecer as familias a súa colaboración na elaboración de disfraces e doces de Entroido.

    Para ver as fotos premer na imaxe.



Ningún comentario:

Publicar un comentario