"Uncastour" é o nome que lle demos o megaproxecto deste ano, un proxecto que foi traballado conxuntamente polos equipos de Actividades Complementarias, Biblioteca, Titorías e Normalización.
Todo o que se leva traballado desde o primeiro trimestre saíu hoxe a luz.
Nas diferentes zonas cada grupo montou o stand do seu país. Cada curso elixiu aos encargados e encargadas de contarnos cousas relevantes de cada un dos países, e a través de rotacións cada curso foi visitando todas e cada unha das exposicións.
Destacar a profesionalidade dos representantes e o bo comportamento e atención dos espectadores.
Para ver máis fotos preme AQUÍ.
Ningún comentario:
Publicar un comentario