ciencias

10/24/2016

O PAPAGAIO

Vén de nacer un novo xornal en papel, dirixido especialmente a nenos e nenas de Primaria e Secundaria. Chámase O Papagaio, ten periodicidade mensual (dez números ao ano, descansando no verán), 12 páxinas a toda cor e publícase integramente en galego.

Curiosamente no número 1 aparece unha sección de contos e lendas (parte da nosa temática do proxecto de centro) na que o Ceip Santa María do Castro de Boiro relata da súa contorna: As torres de Goián  e sobre unha moura ( A moura dos castros de Neixón).

Aquí podedes ler o número un, de balde.

https://www.flipsnack.com/opapagaio/o-papagaio.html


Está impulsado por Edicións moito conto, inclúe temas de actualidade e empresta unha atención especial á ciencia, tecnoloxía, ecoloxía, historia, arte, cultura, integración e banda deseñada.

Na páxina de Edicións moito conto (http://www.edicionsmoitoconto.com/) indícanse os seguintes prezos

VENDA POR SUBSCRICIÓN ANUAL:   

  • 64€/ano: 2 exemplares do mesmo número/mes 

  • 135€/ano:  10 exemplares do mesmo número/mes 

  • 210€/ano: 20 exemplares do mesmo número/mes 

Contacto para máis información:
656838830
edicionsmoitoconto@gmail.com

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario