ciencias

2/21/2025

DÍA DE ROSALÍA 2025

    Igual que cada ano, no Pedro Caselles, celebramos o día de Rosalía. Como o 23 cae en domingo, decidimos facelo este venres. Tódolos nenos e nenas do Caselles se xuntaron para facer un mural cooperativo. Centos de imaxes  de vivas cores celebraron  a Rosalía máis festeira. 
    A propia Rosalía fixo acto de presencia para escoitar os seus poemas na voz dos nosos nenos e nenas, poemas de "Cantares Gallegos" que pasaron a formar parte do noso mural "A nosa Rosalía festeira"
    Nun ambiente festeiro Rosalía de Castro reivindicouse ante o noso alumnado como galeguista e feminista, pediulles que comezaran a falar galego e pediulles que lle cantaran "Parabéns pra voçe",  a cantiga de aniversario que máis lle gusta.
    Foi un acto emocionante e divertido, alentando a lenda da nosa gran Rosalía.
Para ver máis fotos preme AQUÍ.





1/30/2025

DÍA DA NON VIOLENCIA E DA PAZ 2025

 

    Hoxe, 30 de xaneiro de 2025, as nenas e nenos do Caselles celebramos o noso acto pola Paz neste Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Fixemos unha andaina silenciosa por aqueles que non teñen tanta sorte coma nós e, despois, lemos os manifestos pola paz que cada curso fixo. Logo eses manifestos pasaron a formar parte do noso mural da Paz. 
     Tamén aproveitamos a significancia da data para facer unha colecta en favor SOGAPS, unha asociación de axuda ao Sáhara, que se encarga cada verán de traer nenas e nenos a pasar aquí unhas pequenas vacacións. 
 Podedes ver máis fotos premendo na primeira imaxe.





10/30/2024

SAMAÍN 2024

    Polo Samaín os nosos cativos e cativas puxéronse do máis creativos! Disfraces apaixonantes, merendas terroríficas, relatos de medo, debuxos arrepiantes, cabazas do máis creativas... 🎃

Grazas, familias, pola vosa participación e implicación en todas as actividades que facemos!

Podedes ver fotos dos disfraces e cabazas premendo na foto




6/11/2024

VIXAINAS, O GALEGO TEN MAXIA

     As vixainas son unhas criaturas máxicas namoradas do galego. Este curso visitaron o Caselles a ver se convencían aos nosos nenos e nenas para falar esta fermosa lingua, porque o galego ten maxia. Elas saben que se morre o galego, morre tamén a maxia da nosa terra.

Podes velo premendo AQUÍ


5/15/2024

SEMANA CULTURAL 2024

     Como xa ven sendo habitual cada curso, coincidindo co Día das Letras Galegas, o CEP Pedro Caselles Beltrán celebrou a súa Semana Cultural.



    O martes as nenas e nenos do colexio xuntáronse para visualizar os traballos do alumnado de sexto nos obradoiros, este ano adicados ao cinema. Podedes ver algunhas mostras do seu traballo nos seguintes vídeos:

O mércores tivemos a actuación do marabilloso Ce Orquestra Pantasma e un pequeno festival a cargo das nenas e nenos do 1º Ciclo, que nos fixeron coñecer un pouco mellor a Luísa Villalta.






2/23/2024

DÍA DE ROSALÍA 2024

 Hoxe as nenas e nenos do CEP Pedro Caselles Beltrán celebraron o día de Rosalía dunha forma moi especial. Entre todos montaron o herbario e o xardín de Rosalía, e para facelo buscaron a información nas súas poesías.

E, como cada ano, a propia Rosalía de Castro, quixo estar presente. Como nos gusta recibir a súa visita. Se queredes ver tódalas fotos, premede nas imaxes AQUÍ













2/09/2024

ENTROIDO 2024

Día de Entroido! ... e... tamén día de chuvia, así que houbo que facer un plan B. Este ano tivemos uns disfraces de cine: "Harry Potter", "Familia Adams", "Up", "O pequeno vampiro", superheroes e "A guerra das galaxias". 
 Fixemos as tradicionais fotos de grupo e despois desfilamos, recitamos as coplas de Entroido e bailamos no ximnasio. Pasámolo moi ben, con chuvia e todo. Para ver tódalas fotos, preme na imaxe.