Celebración da nosa lingua esta semana no Caselles. O Xoves cos marabillosos Pinto d´Herbón e Luís o Caruncho que engancharon aos nosos nenos e nenas co seu obradoiro de regueifas, e o venres co noso pequeno festival homenaxe a nosa lingua e a Begoña Caamaño. Podedes ver as fotos e o vídeo feito polo alumnado de 6º premendo na imaxe ou no propio vídeo.
Caselles Normaliza
O blog do equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán de Tomiño
ciencias
5/15/2026
2/20/2026
ENTROIDO 2026
As nenas e nenos do CEP Pedro Caselles fixeron o seu tradicional desfile de Entroido dende o colexio a praza do Seixo. Iso si, cunha semana de demora, pois a chuvia impediunos saír o venres pasado.
Baixo o título "As chaves da imaxinación" nenas e nenos levaron o mundo dos libros polas rúas do pobo. Primeiro e segundo, cos seus sombreiros literarios, homenaxeando a literatura infantil. Terceiro e cuarto tiveron un recordo para os contos clásicos cunha enchenta de Carapuchiñas, lobos e avoas. Remataban o desfile quinto e sexto cunha morea de magos e bruxas recén chegados de Hogwarts.
Como remate este ano recuperamos o "Certame gastronómico do Entroido"
Agradecer as familias a súa colaboración na elaboración de disfraces e doces de Entroido.
Para ver as fotos premer na imaxe.
11/26/2025
25 DE NOVEMBRO, DÍA CONTRA O MALTRATO Á MULLER
Este 25 de novembro, como cada ano, celebramos un pequeno acto para concienciar a nenas e nenos do problema do maltrato á muller. Este ano cun gran mural de bolboretas e a canción de Rozalen "Unha porta violeta" en colaboración con Tanxugueiras. Todos xuntos cantamos e interpretamos o retrouxo en lingua de signos.
11/07/2025
FESTA SAMAÍN + MAGOSTO
No derradeiro día, de clase, de outubro os nenos e nenas viñeron disfrazados de moito medo!
Pasamos polo corredoiro principal do colexio onde os nenos amosaron os seus disfrace, para facer a tradicional foto do grupo, propios desta festividade.
Foi un día distinto onde tiveron un recreo máis longo do habitual e no que tamén tiveron a oportunidade de degustar as castañas que facilitaron as familias. Agradecemos ao personal de cociña , que puideron asalas no forno. A maiores disto, algúns alumnos e alumnas trouxeron doces que trouxeron da casa e que tamén tivemos a oportunidade de probar e desfrutar.
Debido as condicións climatolóxicas non se puido facer as tradicionais fogueiras cos seus correspondentes xogos populares. Unha mágoa!
Pero, ao final da mañá, en moitas aulas pudieron gozar de varias sesións de películas relacionadas co Samaín.
Foi un día moi terrorificamente divertido!
Facede clic na imaxe para acceder á galeria de fotos!
5/17/2025
FESTA DAS LETRAS GALEGAS
4/11/2025
FESTA DA PRIMAVERA
Como despedida do trimestre as nenas e nenos do CEP Pedro Caselles tiveron unha xornada moi especial. Unha "vixaina", Garabiza, estivo de visita no colexio e preparoulles unha actividade moi especial compinchada con algunhas profes do centro.
Garabiza agochou por todo o patio ducias de bolsiñas con colgantes cheos de maxia que nenas e nenos tiveron que buscar atendendo a unha serie de normas. O comportamento dos equipos foi exemplar, Garabiza estará feliz. Para rematar coas bolsiñas atopadas cada neno e nena fixo un colar. Podedes ver máis fotos premendo AQUÍ
Tamén aproveitamos para celebrar o día das artes galegas aprendendo algunhas cousiñas de Isaac Díaz Pardo e facendo un marcapáxinas na súa honra.
2/28/2025
ENTROIDO 2025
Espléndido día para celebrar o Entroido no Caselles. Un entroido moi festeiro, porque este ano fomos de troula. Abriu o desfile a festa do Alivio, cos anxiños, as maiordomas, as autoridades, os fogueteiros e a comisión, que ata levou a toura para vender as rifas; detrás as rosquilleiras cunhas rosquillas do máis enxebre; seguía a banda de música, pois é algo que non debe faltar nunha festa; por se non es de bandas, a seguir ían os DJ, os mellores de Tomiño; tampouco faltaron as "pulpeiras" con moito polbo para vender, algo careiro, iso si; e como peche de ouro os festeiro e festeiras dispostos a troulear ata que o corpo aguante.




