Gálix. Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil
Trátase dun colectivo, sen ánimo de lucro, que desenvolve as súas actividades no campo da literatura infantil e xuvenil. A asociación créase en xaneiro de 1989, como sección en Galicia da OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil), que á súa vez é o departamento estatal do IBBY (International Board of Books for Young People). No 2003, Gálix foi distinguida co Premio Xerais á Cooperación Editorial, que outorga Edicións Xerais ao labor de promoción da cultura e lingua galegas, a través da literatura infantil.
Funcións
Defender e promover a cultura e a lingua galega a través da literatura infantil e xuvenil.
Recoller, impulsar, programar e executar iniciativas que tendan ao fomento do libro infantil e xuvenil.
Prestar asesoramento e cooperación ás entidades ou persoas, administración e sectores interesados nestes fins, tanto dentro como fóra de Galicia.
Asumir a representación galega nas organizacións estatais ou internacionais, con todas as responsabilidades e obrigas que isto comporte.
Establecer coas entidades públicas e privadas os convenios precisos para un mellor cumprimento dos seus obxectivos.
Accións principais
Organización de actividades de fomento da lectura e de celebración do Día das Letras Galegas e do Día Internacional do Libro Infantil.
Colaboración coa sección portuguesa do IBBY na preparación dos encontros luso-galaicos do libro infantil, que se festexan cada ano no mes de novembro, na cidade do Porto.
Creación e posta en marcha dos premios anuais de literatura infantil “Lecturas”, así como do Premio “2”, con motivo do Día do Libro Infantil.
Publicación dos catálogos anuais A nosa literatura infantil e xuvenil, que incorporan unha ampla información sobre as novidades editoriais dende 1994.
Montaxe da exposición, sobre o traballo dos ilustradores e a difusión entre institucións, bibliotecas, centros de ensino, etc.
Coorganización do 32.º Congreso Internacional do IBBY Compostela 2010.
Equipo de traballo
Gálix conta cun presidente, dous vicepresidentes, un secretario, un tesoureiro e cinco vogais, un por cada ámbito: ilustración, escritores, investigación, bibliotecas e editores.
--------------------------------------------------------------------------------
Puntos de Información
GÁLIX
R/ Galeras, 17, 1.º, Local 3
15705 Santiago de
Compostela
Tlf. 981 58 98 83
Fax 981 58 98 83
galix@galix.org
www.galix.org
OEPLI
C/ Santiago Rusiñol, 8
28040 Madrid
Tlf. 91 553 08 21
Fax 91 553 99 90
oepli@oepli.org
www.oepli.org
CONSEJO GENERAL DEL
LIBRO INFANTIL
Y JUVENIL
Madrid. Sección castelá
C/ Santiago Rusiñol, 8
28040 Madrid
Tlf. 91 553 08 21
Fax 91 553 99 90
CONSELL CATALÀ DEL
LLIBRE PER A INFANTS
Y JOVES
Barcelona. Sección catalá
C/ Mallorca, 272-274
08037 Barcelona
Tlf. 93 215 42 54
Fax 93 487 30 08
cclij@datalogic.es
cclij@oepli.org
www.oepli.org/cclij
GALTZAGORRI
ELKARTEA
Donostia. Sección vasca
Pz. del Buen Pastor, 15, 1º izq.
20005 Donostia
Tlf. 943 47 14 87
Fax 943 47 14 87
galtza.hgl@euskalnet.net
www.oepli.org/galtzagorri
IBBY Secretariat
International Board
on Books For Young People
Nonnenweg, 12 Postfach
CH-4003 Basel Switzerland
Telf. 4161 2722917
Fax 4161 2722757
ibby@eye.ch
www.ibby.org
Bienal de Ilustración
de Bratislava
BIB Secretariat
Panská 41
81499 Bratislava
Telf./Fax 421/54434986
Ningún comentario:
Publicar un comentario