Logo os nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria fomos visitar o Monte Tetón para observar os gravados prehistóricos en directo. Non tivemos moita sorte porque as condicións de luz para observar non eran as mellores, pero aínda así gozamos dos que conseguimos ver!
Este xoves día 18 gozaremos dunha serie de obradoiros relacionados coa que nos trasladaremos á época da Prehistoria.
E o venres día 19 lembraremos ao noso escritor, ao que se lle homenaxea este ano ás Letras Galegas coa dramatización que nenos e nenas de 1º e 2º de Primaria van realizar . Ademais, no noso corredoiro principal temos información do escritor grazas aos traballos dos nenos e nenas de 5º de Primaria, dos alumnos e alumnas de PROA. Para rematar a semana, teremos o pracer de desfrutar co contacontos de Anxo Moure.
Xa publicaremos máis imaxes e traballos!!!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario