ciencias

11/09/2018

OS BOLECHAS: MANEIRAS DE FALARMOS O GALEGO

Na mañá do martes as nenas e nenos de 1º, 2º e 3º curso do Caselles, armados de impermeables e paraugas puxemos rumbo a praza do Seixo para ter un encontro cos Bolechas.
Ademais dun bonito paseo, aprendemos algunhas cousas do noso idioma. Sabedes que o galego non se fala igual en toda Galicia? Iso foi o que nos contaron os Bolechas, faláronnos das diferentes maneiras de falar o galego, por exemplo en Tomiño dicimos ghato, ghaliña, lus...e sabedes o mellor de todo... que nos dixeron que está ben falar así, que tódalas formas do galego son fermosas e válidas.
Para aprender mellor estas cousas estivemos facendo algúns xogos do máis divertido. 
Para ver tódalas fotos, preme AQUÍ





Ningún comentario:

Publicar un comentario