O que máis boto de menos do cole é……
Con este título propuxemos unha tarefa aos nenos e nenas de 1º primaria, que consistiu en pensar que é o que máis botaban de menos do cole.
Co gallo do confinamento e coa familia, seguro que querían volver ao cole, ver aos compañeiros, ….., revivir aqueles momentos que gozan, xogan, aprenden,…, e que comparten cos compañeiros e compañeiras e mestres e mestras (no patio, na clase, na asemblea, no ximnasio, na pista de atletismo, .....
Ademais disto, propuxemos a seguinte tarefa:
Coller unha base; podía ser un folio de cor, un hule ou mantel, un coxín grande, unha táboa, …. e sobre dita base tiñan que pór todas as letras dos seus nomes con elementos que tiñan nas súas casas: macarróns, fichas de dominó, pedras pequenas, ….
Aquí tedes os resultados:
Ningún comentario:
Publicar un comentario