Este venres celebramos o noso magosto, co xa tradicional cross de outono. Non puidemos ter a festa coma tódolos anos, coas nosas fogueiras e xogos populares, pero aínda asítivemos o cross e comemos castañas. As carreiras foron por cursos, con máscaras e sempre mantendo as distancias. Tampouco puidemos xuntarnos cos compañeiros e compañeiras doutros cursos, pero dende a distancia estivemos animando. Despois no recreo comemos as castañas, que nesta ocasión, as asou Diego, o noso cociñeiro no forno.
Para ver tódalas fotos, preme AQUÍ
Ningún comentario:
Publicar un comentario