Dentro da Semana Cultural, dende o equipo de normalizacion e dinamización da Lingua Galega, organizouse unha actividade conxunta recollendo palabras da nosa lingua que atanxía diferente tipo de vocabulario, como as relacionadas coa casa, o tempo meterolóxico, as emocións, os xogos, a fauna ou a flora,...
Aquí tedes o resultado este video:
Como remate da Semana Cultural e coas condicións meteorolóxicas favorables rematamos dita semana coa celebración do Festival das Letras galegas.
Os protagonistas e o peso leváronno os nenos e nenas de 1º e 2º de primaria pero houbo distintas participacións doutros cursos, dando como resultado a unha variedade de actuacións. Dende unha dramatización relacionada coa temática do cole (E-COMEDOR), presentación e recitado adicado á escritora homenaxeada polas Letras Galegas: Xela Arias e, por último, homenaxe a nosa cultura e a nosa contorno.
Ademais entregouselles un diploma aos voluntarios e voluntarias de 5º e 6º de Primaria como recompensa ao seu traballo e esfrozo adicado ao roteiro do día do Libro.
Aquí tedes os videos destas fermosas actuacións que, a pesar dalgúns problemas técnicos de son, os nenos e nenas realizaron espléndidamente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario