ciencias

2/25/2022

ENTROIDO 2022

 Despois do parón do coronavirus, o Entroido volveu ao Caselles, con moita forza e ilusión. Este ano, baixo o lema "Tomiño no camiño" enchemos o Seixo de homenaxe ao Camiño de Santiago: Os peregríns do século XII de 1º e 2º curso, os zombies-peregríns de 3º, as Marías de 4º, os peregrinos modernos de 5º e os mollóns do camiño de 6º.

Xa botábamos de menos un pouquiño de normalidade, e os nenos e nenas pasárono en grande. As beirarrúas estaban cheas de espectadores e expectación. Un gran día!

Agradecer as tres nais da ANPA Mosteiro o seu tempo, pois mentres nós desfilábamos elas preparaban un delicioso chocolate con churros  que nenas e nenos tomaron ao chegar. Moitas Grazas!!

Para ver tódalas fotos, preme na imaxe.





Ningún comentario:

Publicar un comentario