ciencias

1/30/2023

ACTO POLA PAZ 2023

No día 30 de xaneiro de cada ano, o CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán, celebra o Día Escolar da Paz e da non Violencia. Este ano decidimos facer corazóns pola paz, pola paz en Ucraína, pola paz en Etiopía, pola paz en Siria, pola paz en Afganistán, pola paz en Palestina e pola paz en Iemen. Ningún ser humano debería vivir unha guerra, os que máis sofren son sempre os mesmos, os máis probes, os máis débiles... Moitos nenos e nenas están vivindo situacións que van máis aló dun pesadelo, por eles, por todos, hoxe no Pedro Caselles, os nosos corazóns estiveron con eles. Para ver tódalas imaxes, preme na foto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario