ciencias

2/24/2023

Día de Rosalía 2023


 

O día 23 de febreiro é un día importante no Caselles. Tivemos unha visita moi especial, ao igual que o ano pasado, Rosalía de Castro veo de visita para celebrar o seu aniversario. Desta vez ía algo apurada e tivemos que axudarlle a escribir un poema titulado "Adiós ríos, adiós fontes". Díxonos que era para o seu libro "Cantares galegos", tivemos que escribilo con pluma, e fixémolo moi ben. Así Rosalía tivo tempo de celebrar a súa festa de aniversario. Podemos ver todo o que traballamos premendo na imaxe de abaixo.



Ningún comentario:

Publicar un comentario