Hoxe deu comezo a Semana Cultural ou Semana das Letras Galegas dunha maneira moi especial. Luís o Caruncho e Pinto D´Herbón estivéronnlle ensinando aos nenos e nenas de 4º, 5º e 6º curso a ser regueifeiros.
Primeiro contaron a historia das regueifas, e despois, con moita maña, ensinaron a nenas e nenos a regueifar. Foi unha experiencia enriquecedora e divertida.
Se queredes ver máis fotos, premede na imaxe.
Ningún comentario:
Publicar un comentario